miércoles, 20 de junio de 2012

Moitas grazas a tod@s, artistas ¡

Tan só quería darvos a tod@s as grazas polo ben que o pasei convosco niste curso. Fixechedesme rir, pensar, traballar, preparar presentacións e subir videos ao noso canal como un poseso, mais sobre todo estouvos agradecido polo moito que aprendín de vos neste tempo. En serio, entre tod@s conseguíchedes que recapacitara moito sobre o cinema e a mocidade e ademais que lle dera moitas voltas á función do profesor, ao cómo dar clases nos tempos que vivimos, e iso sen contar a enerxía que me aportáchedes... enfin que só podo darvos un plas, plas, plas colectivo a tod@s @s alumn@s de 1º de Bacharelato de Artes... Sodes uns artistas e síntome orgulloso de vos...

miércoles, 13 de junio de 2012

100 anos de cinema nos ollos de adolescentes

Ben sei que nestes días andades a tope cós exames finais (e rematando os traballos de cultura audiovisual, je, je) e non tedes moito tempo para circular polo blog, mais onte saiu unha nova información sobre nós no Portal do Consello da Cultura galega elaborado polo xornalista Xermán Hermida, quen tamén fixo a seleccións dos filmes resaltados. Que vos aproveite. Aquí tedes a ligazon . Non esquenzades mirar os informativos da "Sexta" o sábado ou domingo, que ai estaredes tamén...

miércoles, 6 de junio de 2012

Estades en racha....


Estades en racha... artistas... Como xa saberedes, hoxe o xornalista Iago Martinez escribiu un fermoso artigo sobre nos no diario El Pais. A foto ven firmada por Gabriel Tizón do que Marina demostrou ser unha experta no primeiro trimestre nos pechakucha das "miradas dos fotógrafos". Aquí tedes a ligazón

martes, 5 de junio de 2012

@s artistas na Tele ¡¡¡

Boeno... ai tedes o programa da TVG no que "actuades". Estades no minuto 1.11 e logo no  37.20... Unha das carácterísticas da arte é a capacidade de difusión da obra artística. Coma vos mesm@s reivindicades, a arte ten que estar na rúa. Sen comunicación cos posibeis receptores, a obra artística fica esquencida nas estanterías. Parabéns a tod@s @s que participachedes neste evento...(Ai.. ises "nervios"...¡¡¡.)