Mostrando entradas con la etiqueta "cine en Galicia". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "cine en Galicia". Mostrar todas las entradas

martes, 3 de abril de 2012

O carro e o home

Cando vos enviei o arquivo "Documentais", tiven un despiste e esquencime de poñer unha ligazón ao que se considera como un dos mellores documentais galegos de etnografía ou historia de Galicia. Un bó documental parte sempre dun conflito e o labor do creador é poñelo en evidencia e amosalo ao mundo. Mais tamén falamos do "documental poeta" que reinterpreta a realidade segundo a subxectividade do autor. Neste caso, asistimos a recreación dun "mundo perdido" -como as Fragas do Eume- que se agocha nas marabillosas e líricas imaxes desta "Biografía do carro" de gran valor estético e tamén emocional, filmado no verán de 1940 en Lobeira (Ourense). Botádelle un ollo, - son 10 minutiños de nada- sobre todo para refrescar a miña teima sobre o coidado no encadre e a composición. Deberíades de velo enteiro ata ise incrible plano final que semella sair dun filme de John Ford.


O Carro e o Home from Matugeno on Vimeo.

domingo, 26 de febrero de 2012

Percebeiros



Aqui os dejo un corto documental dirigido por David Beriain sobre la historia de Serxio Ces, percebeiro de Cedeira, Galicia.Preseleccionado para los Premios Goya 2012.

viernes, 2 de diciembre de 2011

O pioneiro do cinema en Galicia

Dende hai anos ando na percura de pistas sobre a vida e obra do pioneiro do cinema en Galicia, José Gil.  @s que me coñecen ben  saben da miña teima sobre o personaxe, do que levo escrito  e falado dabondo en foros e publicacións diversas. Hoxe sae no xornal “El Pais” un artigo sintético sobre o grande fotógrafo e cineasta José Gil sustentado por unha entrevista que me fixeron a semán pasada. Considero que calquera creador audiovisual galego –e mais sendo alumnos de cultura audiovisual-  debería coñecer o seu nome e traxectoria, por iso traigo aquí a ligazón da do xornal, para que a leades..

miércoles, 2 de noviembre de 2011

O misterio do fotógrafo de pedra…

Hoxe contareivos unha historia verídica que me aconteceu nestes días de vacacións...
Por razóns familiares tiven que ir a Palencia na ponte dos Santos. E como todo bo "giri" que se prece, alá me fun a sacar fotos da cidade como un turista mais. Unha das miñas teimas é fotografar canecillos e gárgolas das igrexas románicas –ben sei que son “rarito”-. Preguntaredes o por qué. Supoño que nunca vos decatáchedes da incrible imaxinación dos canteiros medievais. Si queredes ver figuras monstruosas (monstruosas de verdade), seres míticos e fantásticos ou animais alucinantes, non tedes mais que mirar en contrapicado no exterior das igrexas (sec XII a XVI) e fliparedes en colores. Sempre pensei que se podería facer un cómic ou mellor aínda unha película de animación alucinante, simplemente xogando con eses seres e figuras fantásticas que superan a imaxinación do mais ousado artista contemporáneo. Probade a experiencia e darédesme a razón.

Ben. Pois como vos dicía… estaba eu ensimesmado, admirando as figuras monstruosas do ábside da catedral de Palencia e cómo non, mirando cara arriba (facendo un contrapicado), cando Carme interrompiu a miña concentración:
-