Mostrando entradas con la etiqueta Tecnoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tecnoloxía. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de febrero de 2012

Mundocristal

O mundo "ideal" que se reflicte neste video, está claro que non é o noso. Mais, ao mellor os vosos netos disfrutarán de tecnoloxías de cristais intelixentes como as que aquí se miran. Botádelle un ollo, en realidade ten que ver moito coa cultura audiovisual. Alguén quere opinar?



Aquí deixo a ligazón dun primeiro achegamento ao Mundo Cristal realizado hai un ano e que tivo 18 millóns de reproducións no You tube.

domingo, 11 de diciembre de 2011

Primeira longametraxe realizada cun teléfono movil

Como decimos sempre en clase, a tecnoloxía pode axudar na creación audiovisual, pero o importante é a "idea", o relato e o proxecto artístico. En pouco tempo circulará polas salas de cine de todo o mundo un filme comercial enteiramente realizado cun teléfono Nokia N8 -ao que se lle engade unha óptica profesional- e protagonizado pola actriz Gena Rowlands.
Aquí podedes ler a noticia e aquí visitar a Web do filme.
Os primeiros cinco minutos de "Olive".


E aquí  un fragmento do Making off onde podedes ver o curioso artiluxio de gravación coa óptica acoplada a un simple teléfono movil.


domingo, 30 de octubre de 2011

O futuro da fotografía

Non hai día no que a tecnoloxía deixe de sorprendernos con novas ferramentas e aplicacións para os interesados na fotografía. Isto non deixa de ser un prototipo moi enxenioso aplicado a un Iphone… pero non está mal… non?..




Concept Camera: The WVIL from Artefact on Vimeo.

E qué me decides desta incrible impresora de fotos? Si queres saber maís visita ista páxina


SWYP: See What You Print from Artefact on Vimeo.

Cada día é mais doado o rexistro de imaxes da realidade, facer e editar fotografías, pero tamén cada día é mais evidente que o problema non está na tecnoloxía, senon na "mirada" propia do artista ou creador... 
Hai algunha opinión por aí?..