O vernes será un día especial para os afeccionados ao videoxogos e moi especialmente para os que amamos a marabillosa Saga de Oblivion. Dende hai un ano vense anunciando que o día 11 do XI do 2011 sairá a venta "The Elder scrolls V: Skyrim" despois de seis anos de traballo. A saga comezou en 1994 e na miña opinión é sen dúbida un dos mellores xogos da historia, pola súa enorme libertade de movemento, brillantez visual e temática, nun espazo espectacular case infinito: Completar as misións secundarias de cada entrega equivale a perto de 200 horas de apaixoante xogo ininterrumpido. Para os amantes das artes visuais tamén é unha ledicia imprescindible: en cada título traballan os mellores deseñadores, artistas visuais, músicos e programadores do momento. Quedades avisados: si algún día por casualidade, caedes no mundo máxico de Oblivion, de seguro que non poderás -nin quererás- sair. Un vicio exquisito. Unha viaxe alucinante. Unha experiencia audiovisual inmersiva única.