martes, 7 de febrero de 2012

A primeira curta de Javier Ruiz, director de "Promoción fantasma"

Na anterior entrada, Sara Pena recomendaba un filme español de estrea inminente "Promoción fantasma" de Javier Ruiz. Non poderei afirmar que vai ser dos meus favoritos do ano, porque gosto doutro tipo de comedias españolas con mais mala uva (por ex, calquera de Berlanga). Ainda que posiblemente sexa moi divertida para a vosa franxa de idade. Javier Ruiz, o director de "Promoción fantasma" ou "Spanish movie", intenta renovar o xénero da comedia española importando ideas e fórmulas que teñen funcionando ben noutros mercados (especialmente EEUU). Eu admirei a Javier Ruiz pola súa primeira curtametraxe realizada no ano 2.000 como traballo fin de curso da que, para min, é a millor escola de cine de España, a ESCAC. Aquel  primeiro traballo do xovencísimo Javier Ruiz, titulábase "Treitum", e deixoume abraiado pola súa frescura, dinamismo e humor. Aquí vos queda. Botádelle un ollo, porque de seguro que ides pasalo ben. Están garantidos 9 minutos moi divertidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario