domingo, 1 de abril de 2012

Marina

Con motivo do incendio das Fragas do Eume escribínlle un email á nosa compañeira Marina, porque vive no epicentro do lume. Isto foi o que me respostou:
...."Pois a verdade e que tiven o lume a menos de 100 m da casa dos meus avos. Foi moi desastroso, unha pena de verdade, saquei moitisimas fotos pero ca pena de velo asi non son unha virgueria, porque andiven dun lado para outro, tivemos que valeirar a piscina para darlles a auga aos bombeiros que non tiñan mais... un desastre, nada de coordinación a hora de apagar o lume, a aérea ben pero a terrestre nada, fatal, non sabia dos sitios, non tiñan auga, despois a coña e que estaban os camións de bombeiros da UME estaban todos en Peizas tomando un cafe e fumando, sen facer nada...
E Feijo -.- enfin... qué decir, non sabia nada porque dixo que o lume empezou as 3 e media e todo mentira comezou a 1 ou as 2 eu estaba na casa dos meus avos e non sei como mirei pola venta e vin fume moito fume, e dixenlle ao meu avo ai lume lume e xa chamamos ao bombeiros e disque foi o primeiro aviso, que non sabian nada diso. Desaloxaron as vivendas TODO, nos non nos fumos as casas nas deixabamos soas... xa che envio unhas fotos para que vexas... QUE PENA... estou que non podo conmigo mesma... e as Fragas.. unha pena unha pena moi grande, eso si que me estragou toda...
Unha aperta moi grande, Marina...e moita sorte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario