martes, 25 de octubre de 2011

Os fotógrafos nas pelis de ficción

Non son moi habituais as películas cinematográficas con fotógrafos como protagonistas. Todo o mais aparecen de cando en vez, como persoaxes secundarios, sen apenas relevancia na historia principal. De todos os xeitos aquí tedes dúas secuencias onde podemos ver o traballo dun fotógrafo "coñecido".
A primeira secuencia pertenece ao filme "La ley de la Frontera" de Adolfo Aristarain, e nela podemos ver a Aitana Sanchez Gijón interpretando á fotógrafa americana Ruth Matilda Andersen buscando imaxes nunha feira galega alá polo ano 1922: 

O segundo exemplo é a coñecida secuencia de embarque de emigrantes no peirao de Vigo, onde podemos ver ao propio fotógrafo Manuel Ferrol, facendo de sí mesmo (iso chámase cameo) en ""Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario