viernes, 21 de octubre de 2011

Xa temos un canle propio en You tube

Dende xa podedes utilizar o canle de You tube "Artistas de 1º". Polo momento hai poucas cousas, orgaizadas en tres listas de distribución: "Memoria do tempo", onde agruparemos clips de imaxes antigas de Galicia especialmente; "Fotografía", con clips sobre fotógrafos ou a historia e técnicas da fotografía; e "Vangardas", onde iremos poñendo pezas siñificativas das vangardas cinematográficas para que consideredes que o cinema é un dos mecanismos de expresión e creación artística mais poderosos que existen. Faremos un especial fincapé nas imaxes e filmes producidos en Galicia para poñernos ao día.... Pero ista é só a prehistoria de "Artistas de 1º". Na semán vindeira dareivos a contraseña para que tod@s podamos utilizala...Tamén quixera invitarvos a  facer comentarios, publicar o que queirades ou expresar a vosa opinión sobre calquera material visual ou escrito tanto no blog coma no canle..Sorte e saúde...
Como estamos vendo historias de fotógraf@s, aquí tedes unha pequena montaxe sobre a fotógrafa americana Ruth Matilde  Anderson.

No hay comentarios:

Publicar un comentario