miércoles, 14 de diciembre de 2011

Non perdades "The artist" ¡¡¡


O venres estréase en España o filme mais premiado en todos os festivais do mundo no 2011 e que de seguro acaparará varias nominación aos Oscars no 2012. Estamos a falar de “The Artist”, un intrépido, insólito e incrible filme que recupera o branco e negro nunha historia que retrata o paso do cinema mudo ao sonoro no glamuroso Hollywood. Como profe de Cultura audiovisual non teño mais remedio que recomendar vivamente o seu visionado neste Nadal. Podería considerarse como un “deber” que vos impoño. O clasicismo e lirismo que destilan as súas imaxes seguro que vos romperán o corazón e sorprenderá ao coñecer qué era o cinema no seu momento de máximo esplendor. Aquí podedes ler unha pequena reseña… E para abrir boca.. o trayler.  Mirade qué marabilla de fotografía nos últimos planos...


7 comentarios:

  1. Intenteina descargar esta semana pero me fallou o torrent... Ganas de vela...

    ResponderEliminar
  2. O outro día comentounos Manolo sobre o voso blog, e como ando a preparar un concurso para os de 3º da ESO, se non vos parece mal deixolles aquí unha mensaxe para algún deles e, de paso, que coñezan este sitio (que por certo, os meus parabéns, tedes cousas ben interesantes por aquí).

    MENSAXE PARA OS CONCURSANTES DE 3º DA ESO:
    ==========================================

    Se andades a ler isto, é que tentáchedes facer trampa na parte do concurso en internet e vos fixemos seguir esta pista falsa :)

    Aquí non hai nada para vós pero xa que non gañaredes, botade un ollo a este sitio, que paga a pena.

    Saudiños!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Solo vi el trailer y me da que es una de las mejores películas de los últimos años...

    ResponderEliminar