viernes, 18 de noviembre de 2011

A fotografía interior máis grande do mundo corresponde a unha biblioteca.


Jeffrey Martin, fotógrafo e creador da web 360Cities, tomou, posiblemente, a fotografía máis grande xamáis feita nun interior. Digo posiblemente porque en realidade tratase da unión de ata 2.947 imáxenes para conseguir este espectacular mosaico en 360 grados, e porque non existe, tal e como dí Martin, coñecemento dotra fotografía de similar tamaño.

A localización desta pequena obra de arte encontrase situada na República Checa, máis concretamente no interior do mosteiro Strahov (Praga). Para que vos fagades unha idea do impresionante da imaxe captada, unhos cantos datos:
  • A foto é de 40 gigapíxeles (40.000 megapíxeles) de 280.000 x 140.000 píxeles.
  • En total son 2.947 imaxes unidas
  • Para a sua realización utilizouse unha cámara Canon 550D e lente de 200 mm.
  • O tamaño total do archivo ocupa a nada despreciable cifra de 283 GB.
  • Ao fotógrafo levoulle cinco días de rodaxe para “retratar” toda a sala e 1 día enteiro post-proceso.
Tal e como contan en Wired, a historia detrás desta maravilla visual comezou nunha primeira visita de Martin ao Mosteiro. O fotógrafo quedou abraiado coa beleza do enclave, e en especial, dunha das suas estancias. Unha enorme biblioteca barroca adornada de tapices e grandes estatuas ao seu redor. Martin pediu entóns permiso para fotografiala..
Cinco días despois e moitas horas de traballo no seu estudo, o resultado final pódese observar con toda a sua magnitude dende a web do fotógrafo. Unha oportunidade única para admirar a poderosa imaxe, onde o usuario pode recrearse en cada detalle da obra aplicando o zoom. Para finalizar deixovos con un vídeo que mostra a magnitude da fotografía.

4 comentarios:

  1. Dios mío... Qué biblioteca más bonita... O.o!

    ResponderEliminar
  2. Es enorme! Y también hay otra que me gusta muchisimo!! Pero no lo que me impresionó fue como junto todas las fotos y recreo la biblioteca !

    ResponderEliminar
  3. Se aburría el hombre, igual no conocía los objetivos angulares... xD

    ResponderEliminar