miércoles, 9 de noviembre de 2011

Chegou o gran día: Skyrim

O vernes será un día especial para os afeccionados ao videoxogos e moi especialmente para os que amamos a marabillosa Saga de Oblivion. Dende hai un ano vense anunciando que o día 11 do XI do 2011 sairá a venta "The Elder scrolls V: Skyrim" despois de seis anos de traballo. A saga comezou en 1994 e na miña opinión é sen dúbida un dos mellores xogos da historia, pola súa enorme libertade de movemento, brillantez visual e temática, nun espazo espectacular case infinito: Completar as misións secundarias de cada entrega equivale a perto de 200 horas de apaixoante xogo ininterrumpido. Para os amantes das artes visuais tamén é unha ledicia imprescindible: en cada título traballan os mellores deseñadores, artistas visuais, músicos e programadores do momento. Quedades avisados: si algún día por casualidade, caedes no mundo máxico de Oblivion, de seguro que non poderás -nin quererás- sair. Un vicio exquisito. Unha viaxe alucinante. Unha experiencia audiovisual inmersiva única.

11 comentarios:

  1. uaaoo!! parece que ten uns graficos increibles! gustariame probalo , como o poderia conseguir??

    ResponderEliminar
  2. Me encanta. Estoy a la espera para que salga Guild Wars 2, tiene un arte conceptual en su página que me da piel de gallina.
    Oblivion, jugué en casa de un amigo y la verdad es que es verdaderamente asombroso.

    ResponderEliminar
  3. Descargando...
    Tiene buena pinta aunque los juegos de rol no son mi fuerte.
    A ver que tal va con mi gráfica, ya hace tiempo que no juego a nada, tengo mejor micro porque suelo darle más partido pero si iba bien con el Crysis que fue uno de los juegos con más requisitos durante mucho tiempo, (no sé ahora) o los COD por ejemplo malo será...
    Si, supongo que los Crysis y los COD comparado con este serán una mierda pero matar coreanos (con perdón, no recuerdo lo que habían hecho para que haya que matarlos) o nazis relaja bastante. Ya hace tiempo que dejé los juegos pero si lo dice un profesor...

    ResponderEliminar
  4. Por cierto Sara, si me funciona, le meto el crack y estas cosas y lo grabo en un disco te lo paso si quieres.

    ResponderEliminar
  5. Manuel, que un profesor faga unha afirmación ou un xuizo de valor non quere dicir nada. E unha opinión mais que se pode -ou non- considerar. Eu tan só recomendaba ise xogo en calidade de xogador veterano de videoxogos - isa é a única "autoridade" da que podo presumir neste caso.

    ResponderEliminar
  6. Pois iso, eu polo de agora non son un aficionado aos videoxogos e non controlo, os últimos que xoguei foron eses dous e foi para probar un ordenador novo, non porque sexan obras mestras, e se un veterano di que é un bo xogo pois o probarei, que por certo, xa o teño descargado, mañá monto o disco.

    ResponderEliminar
  7. Ola Manuel, Hoxe leín as primeiras críticas a Skyrin. A crítica especializada e os usuarios a califican dunha obra mestra total e a avalían cun 10 (algo insólito). Bótalle un vistazo as opinións aquí:
    http://www.meristation.com/v3/des_analisis.php?pic=GEN&id=cw4eba90ab12423&idj=cw4d04279e84764&&iframe=1

    ResponderEliminar
  8. no me gustan mucho los video juegos pero cuando Manolo ha enseñado esto en clase em parecio un videojuego muy bueno al que estaría dispuesto a jugar

    ResponderEliminar
  9. Estou con Pablo, a min tampouco é que me gusten moito pero gustariame moito xogar a el ?? Aino para ordenador ??

    ResponderEliminar
  10. Eu xa o teño pero aínda non o grabei, non teño demasiada ansia... xd son máis de películas...

    ResponderEliminar
  11. Manuel e ti poderiasmo grabar ?? se che paso un CD ?? Eque me gustaría xogar a el pero non podo descargar nada.. :S

    ResponderEliminar